jueves, 19 de mayo de 2011

Testemuño Escrito de Cris Velo.

Guerra de Vietnam: Testemuño escrito.


- Este texto pertence á Guerra de Vietnam, chamada tamén Segunda Guerra de Indochina.Foi un conflicto bélico que enfrentou entre 1964 e 1975 á República de Vietnam, ou Vietnam do Sur, apoiada principalmente polos Estados Unidos, contra a República Democrática de Vietnam, ou Vietnam do norte, apoiada polo bloque comunista, no contexto xeneral da Guerra Fría. No bando de Vietnam do Norte morreron 10 veces máis ca no Sur. Aínda así, tras o fin da Guerra, a Guerra de Vietnam quedou marcada na moral e na opinión pública como a primeira derrota na historia militar dos Estados Unidos.As tensións da Guerra fría finalmente desembocaron nunha guerra aberta en Vietnam. Ao principio, os Estados Unidos proporcionáronlle ao Sur axuda militar. Pero durante a década dos 60 comezaron a enviar soldados, cuxo número elevouse a máis de medio millón antes de concluir a década.


- El texto explica que na Guerra de Vietnam moitos dos soldados que se mandaron a armamentos militares mataron a millóns de persoas: homes, mulleres,nenos. E ata mataron bebés. Un dos soldados conta que observou a unha señora anciana que estaba rezando e cando o teniente chegou a onda ela que lle parecía que lle estaba rogando para que non a matase. Neste texto mataron todo o gando e os cultivos estaban todos destrozados.Moitos dos soldados que alí estaban observaron tamén cómo mataban a un bebé poucos meses despois de nacer.O teniente foi condenado por todo o que lle mandou facer a todos aqueles soldados pero tres anos mais tarde liberárono e todos lle querían facer entrevistas dando discursos a grupos dereitistas.


-Eu penso que o que di neste texto foi verdad, pero non tan exagerado como aparece nel, porque o teniente mandaríalles facer todo eso aos soldados pero eles tamén deberían de pensar en que anos máis tarde este teniente sería condenado, por mor de todas as mortes que causou a seres vivos e todos os lugares destruídos e incluso tamén por obligalos a facer algo que os mesmos soldados non querían. Creo que na realidade non foi tanto como di no texto pero sí algunhas das cousas que se citan, como por exemplo de que mandaron matar a millóns de persoas pero tampouco creo que mataran a tan exageradamente a mulleres, incluso a bebés desa forma como aparece contado por un soldado militar no texto.








Esta imaxe pertence á Guerra de Vietnam, na que se ve a un soldado militar disparándolle a unha persoa que non era do mesmo país o que pertencera este home que o quería matar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario