jueves, 3 de marzo de 2011

Redacción excursión de Laura Casal

Dende o venres 25 de febreiro ata o martes 1 de marzo os alumnos realizamos unha excursión a Madrid. Algo que levávamos pedindo dende principio de curso e que ao final conseguimos.
A excursión foi moi boa, pasámolo moi ben, aínda que tamén nos cansamos moito.

Para min o mellor da excursión foi o Parque de Atraccións de Madrid, en donde montei a case todas as atraccións e disfrutei moito. En algunhas pasei medo ao principio, pero despois xa subía sin el. Mentres que en outras o pasei ben desde o principio. Tamén o pasei moi ben a tarde libre que tivemos por Toledo.

E o peor, como moitos dos meus compañeiros foron as ceas, xa que a maioría das veces a comida non nos gustaba e deixávamola toda. Aínda que o resto do hotel estaba moi ben, e nos outros sitios onde comemos, agás o zoo, a comida estaba moi boa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario