sábado, 21 de mayo de 2011

O MURO DE BERLÍN: TESTEMUÑO VISUAL.

-Esta imaxe reflexa a construción do muro de Berlín no ano 1961 debido as consecuencias que houbo sobre Alemania tras sufrir a derrota na II Guerra Mundial. Alemania é dividida en dous países, un pertence ao bloque comunista e o outro ao bloque capitalista. O obxectivo do muro era separar as dúas zonas e tamén a poboación de cada bloque.
En 1989 os soldado rusos comezaron a retirarse dos países do Leste, que abandoaron o comunismo. Deste xeito ese mesmo ano prodúcese a apertura do muro de Berlín.

-Esta imaxe ten relación co muro de Berlín, porque reflexa a construción deste no ano 1961, despois da división de Alemaña nos bloques capitalista e comunista. As diferencias entre as dúas zonas é clara por eso a poboación da Alemania Oriental pretende marchar cara a zonamda Alemania Occidental. Para frear ese movemento constrúese o muro de Berlín.

-A imaxe si ten relación co explicado anteriormente porque nos mostra como uns soldados vixilan mentres se constrúe o muro separando as dúas zonas. Iso pasou realmente, e foi un acontecemento que sorprendeu a todo o mundo e destacou as diferencias que existían entre os capitalista e comunistas.



jueves, 19 de mayo de 2011

Testemuño Escrito de Cris Velo.

Guerra de Vietnam: Testemuño escrito.


- Este texto pertence á Guerra de Vietnam, chamada tamén Segunda Guerra de Indochina.Foi un conflicto bélico que enfrentou entre 1964 e 1975 á República de Vietnam, ou Vietnam do Sur, apoiada principalmente polos Estados Unidos, contra a República Democrática de Vietnam, ou Vietnam do norte, apoiada polo bloque comunista, no contexto xeneral da Guerra Fría. No bando de Vietnam do Norte morreron 10 veces máis ca no Sur. Aínda así, tras o fin da Guerra, a Guerra de Vietnam quedou marcada na moral e na opinión pública como a primeira derrota na historia militar dos Estados Unidos.As tensións da Guerra fría finalmente desembocaron nunha guerra aberta en Vietnam. Ao principio, os Estados Unidos proporcionáronlle ao Sur axuda militar. Pero durante a década dos 60 comezaron a enviar soldados, cuxo número elevouse a máis de medio millón antes de concluir a década.


- El texto explica que na Guerra de Vietnam moitos dos soldados que se mandaron a armamentos militares mataron a millóns de persoas: homes, mulleres,nenos. E ata mataron bebés. Un dos soldados conta que observou a unha señora anciana que estaba rezando e cando o teniente chegou a onda ela que lle parecía que lle estaba rogando para que non a matase. Neste texto mataron todo o gando e os cultivos estaban todos destrozados.Moitos dos soldados que alí estaban observaron tamén cómo mataban a un bebé poucos meses despois de nacer.O teniente foi condenado por todo o que lle mandou facer a todos aqueles soldados pero tres anos mais tarde liberárono e todos lle querían facer entrevistas dando discursos a grupos dereitistas.


-Eu penso que o que di neste texto foi verdad, pero non tan exagerado como aparece nel, porque o teniente mandaríalles facer todo eso aos soldados pero eles tamén deberían de pensar en que anos máis tarde este teniente sería condenado, por mor de todas as mortes que causou a seres vivos e todos os lugares destruídos e incluso tamén por obligalos a facer algo que os mesmos soldados non querían. Creo que na realidade non foi tanto como di no texto pero sí algunhas das cousas que se citan, como por exemplo de que mandaron matar a millóns de persoas pero tampouco creo que mataran a tan exageradamente a mulleres, incluso a bebés desa forma como aparece contado por un soldado militar no texto.








Esta imaxe pertence á Guerra de Vietnam, na que se ve a un soldado militar disparándolle a unha persoa que non era do mesmo país o que pertencera este home que o quería matar.

jueves, 3 de marzo de 2011

Redacción excursión de Laura Casal

Dende o venres 25 de febreiro ata o martes 1 de marzo os alumnos realizamos unha excursión a Madrid. Algo que levávamos pedindo dende principio de curso e que ao final conseguimos.
A excursión foi moi boa, pasámolo moi ben, aínda que tamén nos cansamos moito.

Para min o mellor da excursión foi o Parque de Atraccións de Madrid, en donde montei a case todas as atraccións e disfrutei moito. En algunhas pasei medo ao principio, pero despois xa subía sin el. Mentres que en outras o pasei ben desde o principio. Tamén o pasei moi ben a tarde libre que tivemos por Toledo.

E o peor, como moitos dos meus compañeiros foron as ceas, xa que a maioría das veces a comida non nos gustaba e deixávamola toda. Aínda que o resto do hotel estaba moi ben, e nos outros sitios onde comemos, agás o zoo, a comida estaba moi boa.




Redacción Excursión de Cris.

Eu creo que a excursión foi moito máis que boa. O peor da excursión foron algunhas das cenas do hotel porque non sabían a nada e parecían comida rara que nunca víramos diante mais tamen ter que volver para Carballo outra vez.O mellor foron todos os días, sobre todo no parque de atraccións xa que fun a case todas as atraccións e deixabante ca cabeza para abaixo e parecía que volabas, e tamén no zoo, xa que había monos e saqueille moitas fotos e dinlle de comer, no Bernabeu tamen o pasei moi ben, visitamos todo por ali e ata sacamos fotos cos famosos de futbol pero que eran de mentira. Gustáronme moito todas as visitas que fixemos a distinto sitios,coma ao museo de cera, ao bernabeu, a Toledo...etc. Non cambiaría nada da excursión, só decirlles ao tipos do hotel que fixeran comida normal. Gustoume tamén moito ir á bolera, e ir no bus xa que cantábamos todos xuntos e quedaba xente dormida e sacábanlles fotos e tamén  vimos películas e sacamos unha foto co conductor pero eso foi fóra. 
Gustaríame tamén que tivésemos máis días de excursión.