jueves, 3 de marzo de 2011

Redacción excursión de Laura Casal

Dende o venres 25 de febreiro ata o martes 1 de marzo os alumnos realizamos unha excursión a Madrid. Algo que levávamos pedindo dende principio de curso e que ao final conseguimos.
A excursión foi moi boa, pasámolo moi ben, aínda que tamén nos cansamos moito.

Para min o mellor da excursión foi o Parque de Atraccións de Madrid, en donde montei a case todas as atraccións e disfrutei moito. En algunhas pasei medo ao principio, pero despois xa subía sin el. Mentres que en outras o pasei ben desde o principio. Tamén o pasei moi ben a tarde libre que tivemos por Toledo.

E o peor, como moitos dos meus compañeiros foron as ceas, xa que a maioría das veces a comida non nos gustaba e deixávamola toda. Aínda que o resto do hotel estaba moi ben, e nos outros sitios onde comemos, agás o zoo, a comida estaba moi boa.




Redacción Excursión de Cris.

Eu creo que a excursión foi moito máis que boa. O peor da excursión foron algunhas das cenas do hotel porque non sabían a nada e parecían comida rara que nunca víramos diante mais tamen ter que volver para Carballo outra vez.O mellor foron todos os días, sobre todo no parque de atraccións xa que fun a case todas as atraccións e deixabante ca cabeza para abaixo e parecía que volabas, e tamén no zoo, xa que había monos e saqueille moitas fotos e dinlle de comer, no Bernabeu tamen o pasei moi ben, visitamos todo por ali e ata sacamos fotos cos famosos de futbol pero que eran de mentira. Gustáronme moito todas as visitas que fixemos a distinto sitios,coma ao museo de cera, ao bernabeu, a Toledo...etc. Non cambiaría nada da excursión, só decirlles ao tipos do hotel que fixeran comida normal. Gustoume tamén moito ir á bolera, e ir no bus xa que cantábamos todos xuntos e quedaba xente dormida e sacábanlles fotos e tamén  vimos películas e sacamos unha foto co conductor pero eso foi fóra. 
Gustaríame tamén que tivésemos máis días de excursión.